PATRIMONIO I A alcaldesa, Mónica Rodríguez Ordóñez e a técnica de cultura participaron na xuntanza de traballo convocada pola Deputación da Coruña para abordar o proxecto do Parque do Megalitismo da Costa da Morte celebrada no Centro Arqueolóxico de Dombate.
#PatrimonioVimianzo
A Deputación da Coruña continúa avanzando no desenvolvemento do Parque do Megalitismo da Costa da Morte cunha xuntanza de traballo celebrada no Centro Arqueolóxico de Dombate cos concellos participantes no proxecto.
Durante o encontro abordáronse cuestións clave para o desenvolvemento do parque, como o plan de sinalización das rutas e dos bens patrimoniais, o estado das expropiacións e titularidade dos terreos e a incorporación dos integrantes do comité científico.
O dolmen de Dombate, converterase no epicentro dos roteiros deste proxecto, que busca poñer en valor o patrimonio megalítico da Costa da Morte e impulsar a súa difusión cultural e turística.
#DeputaciónDaCoruña #Patrimonio #CostaDaMorte #Megalitismo #CulturaGalega