Noticias y alertas

8M I 💜🌸 Hoxe en Vimianzo tivemos a sorte de compartir un momento moi especial na Praza do Concello, coa lectura do Ma...

06/03/2026

8M I 💜🌸 Hoxe en Vimianzo tivemos a sorte de compartir un momento moi especial na Praza do Concello, coa lectura do Manifesto 8M por Dna. Carmen Vázquez Canosa.
Carmiña foi mestra de moitas xeracións de vimianceses e vimiancesas durante 43 anos, formou, acompañou e inspirou a tantas persoas… e ademais é escritora de “As Vellas Escolas de Vimianzo” e “La Mujer desde el s. XIX hasta hoy”. Esperamos con moita ilusión o seu terceiro libro, que pronto verá a luz. 📚
O acto foi unha lembranza de que a igualdade non é só un día, senón un compromiso diario, feito entre todas e todos.
💜 Con persoas coma ela seguimos construíndo igualdade.
🫂 O alumnado de primaria do CEIP San Vicenzo e CEIP Baiñas🧱 elaborou bloques con materiais de refugallo para construir na Praza do Concello un muro simbólico polo compromiso coa igualdade. Mil grazas a toda a comunidade educativa e ao persoal municipal implicado e en especial ao coordinador Sergio Trillo👏🏻
#8M #ConstruíndoIgualdade #Vimianzo #Manifesto8M

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies