😢Hoxe despedimos a quen foi durante moitos anos e o era na actualidade o avogado do Concello de Vimianzo, pero, sobre todo, a unha gran persoa. Afable, xenerosa e tremendamente humana, sempre estivo ao lado desta casa e da súa xente 🤍
❣️Con canto orgullo defendías Vimianzo e aos seus veciños e veciñas; sempre se che enchía a boca falando desta, a túa segunda terra 🏡
🫂Alegre, colaborador en todo, valente e optimista, estabas dispoñible as 24 horas do día para quen te precisase
Canto te imos botar de menos. Grazas por todo o teu apoio incondicional ao noso concello 🙏
💫En nome da corporación municipal, dos traballadores e traballadoras e de toda a veciñanza, trasladamos o noso máis sincero pésame a toda a súa familia, en especial á súa muller, Ana, e ás súas fillas, Iria e Alba 🤍
✨Descansa en paz, J. Manuel Roibas 🕊️