Noticias e alertas

📆Celebramos o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro no Concello de Vimianzo.💪 Entre os asuntos tratados, ap...

07/02/2026

📆Celebramos o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro no Concello de Vimianzo.💪
Entre os asuntos tratados, aprobouse a acta da sesión anterior e tomouse razón da renuncia da concelleira da corporación, Dona María Lorena Suárez Pazos. Tamén se deu luz verde a distintos expedientes de carácter económico e administrativo, así como á bonificación do ICIO para a ampliación dunha explotación gandeira en Vilaseco, Castrelo. 🏗️
🤝"O punto máis destacado foi a aprobación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais (POS+ 2026), cun investimento total de 1.080.610,96 €.
✅Financiamento de gasto corrente con cargo POS+26 por importe de 248.619,00 €
✅Financiamento de gasto corrente con cargo POS 2025: por importe de 210.185,73 €
✅E 127.167,46 € se destinan a gasto social."🤝
As actuacións aprobadas son:
PLAN UNICO DE CONCELLOS- POS +2026
🚧 Mellora de rúas de acceso a Bribes -129.500,00 €
🚧 Mellora de viarios en Padreiro de Arriba (Baiñas) -146.446,78 €
🚧 Pavimentación no núcleo do Mouzo (Carnés) - 233.424,20 €
🚧 Instalación dunha depuradora no lugar da Piroga 112.747,72 €
PLAN COMPLEMENTARIO 2026:
🚧 Pavimentación de viarios en Sansobre — 170.610,96 €
Seguimos traballando para mellorar as infraestruturas, os servizos e a calidade de vida en todas as parroquias do noso concello. 💪🌿

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies