Noticias y alertas

DEPORTES | Onte a alcaldesa, Mónica Rodríguez Ordóñez acompañou ao Club Dousxsetenta tiro con arco na presentación da...

04/02/2026

DEPORTES | Onte a alcaldesa, Mónica Rodríguez Ordóñez acompañou ao Club Dousxsetenta tiro con arco na presentación da súa nova equipación, arroupando aos arqueiros que nos representarán no próximo Campionato de España 🏹
Dende o Concello de Vimianzo queremos felicitar ao club por seguir medrando e sumando ilusión, facendo do tiro con arco un verdadeiro orgullo para o deporte local 👏💪
#VimianzoDeporte
#tiroconarco
🔴 Presentación da nova equipación do Club Dousxsetenta 🔴
Onte tivo lugar a presentación oficial da nova equipación do club nas instalacións de Gerca, no polígono industrial de Vimianzo. Un acto moi especial no que estivemos arroupados por persoas e entidades clave para o noso proxecto deportivo 🤝
Na presentación participaron o presidente do club, José María Lema, xunto cos arqueiros e adestrador que nos representarán no vindeiro Campionato de España: Nico Soto, Yago Rellán, Manuel Soto e Víctor Santos 🏹
Tamén nos acompañaron o xerente de Gerca Acero y Metal e a alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez.
Durante o acto, o presidente quixo expresar publicamente o seu agradecemento a Gerca Acero y Metal e ao Concello de Vimianzo polo apoio constante que prestan ao deporte local e, de maneira moi especial, ao tiro con arco, facendo entrega dunha das novas camisetas do club como mostra de recoñecemento 👕
Seguimos medrando, sumando ilusión e traballando con máis forza ca nunca 💪

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies