Noticias y alertas

DEPORTE | 📢 Torneo Solidario do Fútbol da Costa hoxe pola tarde no Campo Municipal Irmandiño de Vimianzo. Disputaranse...

28/12/2025

DEPORTE | 📢 Torneo Solidario do Fútbol da Costa hoxe pola tarde no Campo Municipal Irmandiño de Vimianzo.
Disputaranse dúas semifinais de 45 minutos, para a continuación disputar o 3º e 4º posto, e finalmente a gran final, e tras o sorteo, estes son os emparellamentos:
👉🏻 16:30 horas: Combinado da Coruña AFAC - 11 ideal do Fútbol da Costa.
👉🏻 17:30 horas: 11 da Década - Combinado das Mariñas.
👉🏻 18:30 horas: 3º e 4º posto.
👉🏻19:30 horas: final.
O Torneo Solidario do Fútbol da Costa - QPC ten un obxectivo concreto: recadar fondos para a creación dun comedor social escolar en Ebounou, unha vila do sur de Costa de Marfil. Un comedor que permitiría que as crianzas da zona non teñan que percorrer 4 km de ida e de volta (adoitan ter horario partido), feito que provoca que moitas crianzas xa non vaian a clase polas tardes.
Temos 1000 rifas para conseguir fondos para este domingo no Irmandiño pero se non podedes estar e queredes axudar a facer realidade o proxecto, podedes facer doazóns para o proxecto enviando a vosa aportación ás contas de Egueire, sinalando no concepto, "nome do doante + QPC”.
Estas son as canles:
- Un bizum co código 02207
- Unha transferencia ES35 2080 0313 9030 4000 5650

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies