Noticias e alertas

DEPORTES | Esta mañá 👏 presentamos a 17ª edición do Dúatlon de Reis, que se celebrará o 🗓️ domingo 11 de xaneiro de 20...

20/12/2025

DEPORTES | Esta mañá 👏 presentamos a 17ª edición do Dúatlon de Reis, que se celebrará o 🗓️ domingo 11 de xaneiro de 2026 na parroquia de #Salto e será a única proba de #dúatlon #cros que se celebre en Galicia ao longo do ano.
No 👥 acto de presentación participaron Mónica Rodríguez, alcaldesa do Concello de Vimianzo; Sergio Miñones, concelleiro de Deportes; Víctor Santos, técnico municipal desta área e Gustavo Álvarez, en representación da Federación Galega de Tríatlon.
Como xa é habitual, haberá dúas distancias: a SuperSprint, que sairá ás ⏰ 9:30 horas, e a Estándar, cuxa saída será ás ⏰ 11:30 horas. Na primeira inclúense o Campionato Galego en distancia Supersprint para as categorías cadete, xuvenil e junior e a proba popular; na segunda o Campionato Galego en distancia estándar e a proba de relevos.
👣 O percorrido será o mesmo que nos últimos anos, mantendo un trazado xa coñecido para aqueles que ano tras ano repiten na competición.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies