Noticias e alertas

DEPORTE | 🎯 O club vimiancés Dousxsetenta tiro con arco tiro con arco participou esta pasada fin de semana no Campionat...

15/12/2025

DEPORTE | 🎯 O club vimiancés Dousxsetenta tiro con arco tiro con arco participou esta pasada fin de semana no Campionato Galego de Tiro con Arco en sala.
🏹 Un total de 12 arqueiros/as representaron ao equipo, logrando 🥉 tres medallas de bronce, 🙌 dous cuartos postos e incluso 🇪🇸 unha clasificación para o Campionato de España.
Parabéns ao club e a todos/as os/as deportistas! 👏
CAMPIONATO GALEGO SALA |
Esta fin de semana celebrouse en Corme o Campionato Galego de Tiro con Arco en sala, organizado polo Flechas por un tubo, aos que queremos felicitar polo excelente traballo e pola boa organización do evento.
O Club 2x70, participou cun total de 12 arqueiros e arqueiras: 6 na xornada do sábado e 6 na do domingo, cun balance moi positivo tanto a nivel deportivo como persoal.
🥉 Medallas de bronce
Antía Rey Castiñeira, categoría alevín feminina.
Yago Rellán Tajes, categoría U15 masculina, quen ademais acadou o seu récord persoal cunha puntuación de 509 puntos.
Paula Vázquez Blanco, categoría U21 unificada.
👏 Ás portas do podio
Dorita Lavandeira, cun meritorio 4º posto na categoría +50 feminina.
Nico Soto, que disputou a final polo bronce fronte ao seu compañeiro Yago Rellán, nunha emocionante eliminatoria que se decidiu na frecha de desempate.
🎯 Clasificación para o Campionato de España
Especial mención para Manuel Soto Calvo, que acadou a marca mínima para participar no Campionato de España de sala, que se celebrará en febreiro en Valladolid, logrando ademais o seu récord persoal cunha puntuación de 521 puntos.
Xunto a el, Nico Soto e Yago Rellán serán os representantes do club vimiancés nesta competición nacional.
🔹 Tamén representaron ao Dousxsetenta neste Campionato Galego:
Eric Lavandeira e Ángel Suárez, en categoría alevín.
Antón García.
Enrique Rellán, Adrián Soto e Jose Vázquez, en categoría absoluta.
Parabéns a todos e todas polo traballo, o compromiso e os resultados acadados. Seguimos medrando como club e como equipo. 🎯🏹
PD: Para o recordo quedará a exhibición de baile flamenco dada polo noso querido Enrique 😉
Concello de Vimianzo

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies