Noticias y alertas

25N | 🟣 O alumnado de Vimianzo saíu hoxe á rúa con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mu...

25/11/2025

25N | 🟣 O alumnado de Vimianzo saíu hoxe á rúa con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres para amosar o seu compromiso na loita contra a violencia machista.
Durante a xornada, os escolares fixeron entrega aos establecementos adheridos á campaña municipal deste 25N dunhas caixas que no seu interior conteñen ✍️ mensaxes que eles mesmos escribiron e unha pulseira. O obxectivo é repartilas para que cheguen á veciñanza.
🙏 Desde o Concello de Vimianzo queremos agradecer a toda a rapazada e profesorado do CEIP Baíñas, San Vicenzo e IES Terra de Soneira que participou na elaboración de máis de 500 frases. Por suposto, tamén aos grupos de 1º e 2º da ESO polo labor de divulgación da campaña en cada un dos locais.
🙏 Grazas a todos os establecementos que se uniron á campaña pola súa colaboración para loitar de maneira conxunta contra esta lacra.
🙏 Grazas a Belén Fernández polo magnífico desenvolvemento da campaña.
🙏 E, como non podía ser doutro xeito, grazas a toda a veciñanza que día a día abre os ollos fronte á violencia.

Más Información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies