Noticias e alertas

CULTURA | 🎶 A Muiñada de Vimianzo foi convidada a participar nas xornadas MUMi - encontro profesional de música de Gali...

24/11/2025

CULTURA | 🎶 A Muiñada de Vimianzo foi convidada a participar nas xornadas MUMi - encontro profesional de música de Galiza e Portugal para falar dos festivais como espazo de transformación.
Porque a #Muiñada é ese lugar de encontro no que a música é o fío condutor para construír pertenza e fortalecer vínculos 🫂.
A conversa será este 🗓️ venres, 28 de novembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra, de 15:30 a 17:00 horas. Estaremos representados por Manuel Rial.
E se os festivais non son só música? E se facemos deles encontros onde construír pertenza e fortalecer vínculos? Podemos explorar modelos máis sostibles? 🎶
Novas xeracións están a reinventar a maneira de facer festivais: proxectos autoxestionados, creados desde as marxes do mercado, que apostan pola diversidade, a identidade e a participación comunitaria.
🗣️ Na conversa '𝗙𝗲𝘀𝘁𝗶𝘃𝗮𝗶𝘀 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗲𝘀𝗽𝗮𝘇𝗼 𝗱𝗲 𝘁𝗿𝗮𝗻𝘀𝗳𝗼𝗿𝗺𝗮𝗰𝗶ó𝗻' coñeceremos catro iniciativas, unha por provincia, que marcan o camiño do futuro: Foliada da Fonsagrada con Marta Álvarez; Ponte Farruca (Laza) con Xacobo García; Muiñada de Vimianzo con Manuel Rial; e Ruada das Gotas (Ribadumia) con Susi Álvarez. Eva Fernández Prieto de Rebelico será quen conduza o encontro.
𝘾𝙊𝙄𝘿𝘼𝙍 𝘼 𝙈Ú𝙎𝙄𝘾𝘼: 𝘼 𝙀𝙎𝘾𝙀𝙉𝘼 𝙌𝙐𝙀 𝙌𝙐𝙀𝙍𝙀𝙈𝙊𝙎
🗓 Venres 28 de novembro
🕑 11.30 a 19.00 h
📍 Pazo da Cultura de Pontevedra
🎟️ Acceso coa entrada de Culturgal Feira das Culturas Galegas
🤝 A xornada está organizada pola AC Músicas no Minho e subvencionada pola Deputación Pontevedra

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies