📢 O Concello de Vimianzo informa de que xa está aberto o prazo para que empresas e persoas autónomas poidan solicitar as diversas liñas de axudas enmarcadas no Plan de Emprego Local (PEL) 2026 da Deputación da Coruña. Este programa está deseñado para impulsar o tecido económico dos concellos.
💼 As liñas de axudas inclúen o PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO, que ofrece subvencións para a consolidación e fortalecemento do tecido empresarial a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
🤝 Tamén está dispoñible o PEL-AUTÓNOMOS/AS, un apoio ao emprendemento mediante o financiamento das cotas sociais e/ou do alugueiro de oficinas, baixos comerciais ou centros de traballo para persoas autónomas no noso municipio.
➕ Outra modalidade é o PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN, que concede subvencións para a contratación de novo persoal por parte de pemes, microempresas e persoas autónomas no noso Concello.
🔄 Así mesmo, ofrécese o PEL-PEMES MANTEMENTO, consistente en axudas destinadas a manter as contratacións indefinidas das pemes, microempresas e autónomos/as que fosen beneficiarios/as das axudas PEL-Pemes Creación e Ampliación na convocatoria de 2025.
🗓️ O prazo de solicitude está aberto dende o 15 de novembro ás 9:00 h ata o 16 de decembro de 2025 ás 14:00 h.
💻 A presentación das solicitudes deberá realizarse de xeito telemático a través da plataforma SUBTeL, accesible dende a seguinte ligazón: https://sede.dacoruna.gal/subtel/
📑 Poden consultarse as bases completas de todas as axudas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do 11 de novembro de 2025, na seguinte ligazón: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/cambioBoletin.do…