🌼🌼🌼 Tres flores de honra, nada máis e nada menos, que veñen para Vimianzo como recoñecemento ao noso especial coidado na recuperación e mantemento de zonas naturais de alto valor paisaxístico coma o Miradoiro Furna do Sapo ou o Conxunto Etnográfico dos Batáns e o Mosquetín.
🏰 Destacaron tamén o noso núcleo urbano, as zonas axardinadas do Castelo, a Casa do Concello, a Igrexa, o edificio de servizos múltiples, o xardín vertical do 8M e as novas zonas peonís, así momo o esforzo do Concello por habilitar rutas de sendeirismo como o paseo fluvial do Cereixo.
🌲 🌳 En definitiva, o traballo de humanización do centro da nosa vila con novas zonas axardinadas e árbores e do sendeiro do Cereixo, entre outras.
💪 Unha flor máis neste 2025! En total tres flores que nos enchen de orgullo e son un bonito recoñecemento a todo o noso traballo.