Noticias e alertas

TURISMO | 🌊👀 A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, acompañada por membros do equipo de goberno, acudiu onte ao V...

12/11/2025

TURISMO | 🌊👀 A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, acompañada por membros do equipo de goberno, acudiu onte ao V Encontro Anual de Turismo da Costa da Morte (CMAT), celebrado no Pazo de Villar de Francos de Carballo.
O evento promove un intercambio de experiencias para reforzar un desenvolvemento sostible do turismo na zona. ♻
No acto recoñeceuse, tamén, o labor das 👏 palilleiras da Costa da Morte, símbolo vivo dun oficio que forma parte da identidade cultural e creativa do territorio.
🙏 Desde o Concello de Vimianzo queremos facer especial mención e agradecer á asociación De Palilleiras As Nemanquiñas de Vimianzo. Foi todo un orgullo ver á súa presidenta recoller este tan merecido galardón polo traballo realizado ao longo destes anos 🤩.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies