CULTURA | 📸 Hoxe inauguramos na Casa da Cultura a exposición “Prestige, 20 anos”, unha proposta visual e documental que recupera a memoria colectiva deste desastre natural dúas décadas despois de que a marea negra marcara para sempre a historia da Costa da Morte.
👥 No acto participou a alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, a fotoxornalista Ana García, autora das imaxes expostas xunto con José Manuel Casal, e Xosé Ameixeiras, delegado de La Voz de Galicia. Edición Carballo.
A exposición, enmarcada no proxecto Eco de Sol, promovido pola compañía @aantena, permanecerá aberta ao público ata o 🗓️ 30 de novembro.
🗣️ A rexedora agradeceu aos autores "grazas ao seu traballo contamos cun patrimonio visual de enorme valor histórico e cultural" e a Ameixeiras "por achegarnos a importancia do xornalismo local na conservación da memoria".