CONECTANDO CORAZÓNS | 📸 O Concello de Vimianzo convoca a primeira edición do concurso de fotografía ‘Luz na Soidade’, unha iniciativa enmarcada no proxecto municipal ‘Conectando Corazóns’ financiada coa colaboración de Xeal.
As fotografías deberán abordar, de maneira artística, simbólica ou documental, a temática da soidade non desexada e/ou o valor das relacións sociais que contribúen ao benestar emocional 🫂.
As obras poden presentarse ata o 🗓️ 30 de novembro de maneira telemática, enviando un correo electrónico a 📩 luznasoidade@vimianzo.gal.
🏆 O concurso contará con catro grandes galardóns: un primeiro premio dotado con 400 euros, un segundo de 200 euros, un terceiro de 100 euros e un premio do público doutros 400 euros
Toda a info e bases ℹ️: https://www.vimianzo.gal/novas.php?id=2013&idioma=gl&sec=53