FEM 2025 | 💜 Onte pechamos o FEM con 'Vitoria', de Iria Pinheiro, un espectáculo honesto e necesario que logrou conmover ao público.
Desde o Concello de Vimianzo queremos 🙏 agradecer a AAntena por facernos partícipes deste proxecto, foi todo un orgullo poder colaborar.
🙌 Do mesmo xeito, tamén queremos agradecer á Deputación da Coruña por facelo posible co seu financiamento.
FEM2025 | VITORIA
📍Auditorio de Vimianzo
🕗 Domingo 26, ás 20:30h
Un final poderoso para esta edición do festival:
Iria Pinheiro chegou a Vimianzo con Vitoria, un espectáculo cru, honesto e necesario que conmoveu ao público coa súa forza escénica e co seu compromiso emocional e político.
Un testemuño íntimo sobre a violencia laboral e o acoso, pero tamén sobre a loita, a dignidade e a forza de reconstruírse.
Vitoria é unha obra que transforma a dor en palabra, e a palabra en liberdade.
Grazas, Iria, por ser voz e corpo de tantas.
#FEM2025 #IriaPinheiro #Vitoria #TeatroConMemoria
#Vimianzo #AuditorioDeVimianzo #CulturaÉUnDereito
#FeminismoEscénico #ViolenciaLaboral #ActricesEnPé #CostaDaMorte
#ACulturaÉUnDereito #DACCultura
Cultura da Deputación da Coruña Concello de Vimianzo AAntena