DEPORTES | 🙌 Despois de que as condicións meteorolóxicas obrigaran a aprazar a xornada a pasada semana, os motores do 🏍️ Campionato Galego de Trial volveron ruxir en Vimianzo.
👉 A cita, organizada polo @Moto Trial O Petouco en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo - FGMoto e o Concello de Vimianzo, reuniu dende primeira hora da mañá a competidores de distintas partes de todo Galicia.
Foi un circuíto pechado dividido en 10 zonas sinalizadas ao que os pilotos deron dúas voltas en cada unha das categorías establecidas. Estes foron os gañadores ⤵️:
🥇 TR1 – Xurxo Neo Suárez
🥇 TR3 – Ángel Froilán Fernández Arosa
🥇 TR4 – Yoesdan Hernández Siles
🥇 TR5 – Jorge Sánchez Rivas
🥇 TR 4 infantil – Marco Labayos Fernández
🥇 TR 5 infantil – Kilian Marques Taimil
🥇 Alevín – Mateo Cobas Ogando
🥇 Clásicas A – Antonio Pérez Orozco
🥇 Clásicas B – Esteban Martínez Bello
A alcadesa, Mónica Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, e a edil de Benestar Social, María José Pose, participaron na entrega de premios 🏆.