Noticias e alertas

DEPORTES | ⚽🆕 Hoxe inauguramos o noso renovado campo de fútbol municipal, que pasa a chamarse 'Irmandiño'. Os president...

18/10/2025

DEPORTES | ⚽🆕 Hoxe inauguramos o noso renovado campo de fútbol municipal, que pasa a chamarse 'Irmandiño'.
Os presidentes da S.D. Soneira e do C.F. Baíñas foron os encargados de descubrir a nova estrutura metálica exterior coa silueta do concello e o nome ‘Campo Irmandiño’, acompañada das figuras dun xogador e dunha xogadora en sinal de vitoria. 🏆
👉 A continuación, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, o portavoz do goberno da Deputación da Coruña, Bernardo Fernández, e o deputado de Deportes, Antonio Leira, encargáronse de descubrir a placa conmemorativa.
Manuel Pablo, ex-xogador do Deportivo da Coruña 🔵⚪ e actual adestrador do Fabril, foi o primeiro en saltar sobre o renovado céspede para realizar o saque de honra. Logo deron comezo os encontros oficiais de liga das categorías base da S.D. Soneira.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies