Noticias e alertas

CULTURA | 🙌 O Concello de Vimianzo presentou, hoxe, o programa ‘Vimianzo M.O.L.A’, un proxecto cultural innovador que,...

14/08/2025

CULTURA | 🙌 O Concello de Vimianzo presentou, hoxe, o programa ‘Vimianzo M.O.L.A’, un proxecto cultural innovador que, baixo o lema ‘Un castelo de lenda’, converterá a vila no epicentro cultural da Costa da Morte do 🗓️ 27 de agosto ao 11 de setembro.
A programación inclúe propostas para todos os públicos nas que se combina 🎶 música, 🗣️ oralidade, 📚 literatura e 🎨 arte.
👥 Na presentación participaron a alcaldesa, Mónica Rodríguez, o deputado de Contratación e Patrimonio, Xosé L. Penas, e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.
Durante a súa intervención, a rexedora destacou que se trata dun proxecto que nace 🗣️ “cun obxectivo claro: chegar a todas as persoas, sen importar a súa idade, e facer da cultura un nexo de unión” e agradeceu o papel fundamental das administracións colaboradoras "isto non sería posible sen o apoio da Deputación da Coruña e o Ministerio de Cultura".
ℹ️ Toda a info: https://www.vimianzo.gal/novas.php?id=1971&idioma=gl&sec=203

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies