Noticias e alertas

FESTAS | 🥳 Unhas festas de verán que quedarán para a historia. En 2025 celebramos as nosas festas patronais por todo o...

13/08/2025

FESTAS | 🥳 Unhas festas de verán que quedarán para a historia.
En 2025 celebramos as nosas festas patronais por todo o alto, con cinco marabillosos días de celebración e coa presenza en Vimianzo dalgunhas das mellores 🎶 orquestras de Galicia.
A imaxe do campo da festa cheo ata os topes quedará por sempre gravada na nosa memoria 🥺.
Desde o Concello de Vimianzo queremos agradecer o inmenso traballo de todas as persoas que fixeron posible o desenvolvemento das prefestas, das festas e tamén, por suposto, do Día do Nen@.
🙏 Grazas, en primeiro lugar, a todas as persoas que integran as Comisións. Sen o voso esforzo e dedicación isto non tería saído adiante.
🙏 Grazas a todos os traballadores e traballadoras municipais: electricistas, GRUMIR, servizo de augas e limpeza, Garda Civil, Policía Local de Vimianzo e doutros concellos… polo seu impecable labor.
🙏 Grazas, dunha maneira especial, ao equipo de limpeza que desde primeira hora traballou de maneira incansable para ter o campo nas mellores condicións.
🙏 Grazas á Delegación del Gobierno en Galicia e á Subdelegación pola súa colaboración e ás forzas de seguridade por permitir que todo se desenvolvera correctamente.
🙏 Grazas a todos os veciños e veciñas, empresas, comercios, locais de hostalaría polas súas achegas.
🙏 Grazas, infinitas grazas, a todos e todas os que viñestes compartir un anaco do voso tempo con nós.
Vémonos o ano que vén ‼️
💙 GRAZAS, GRAZAS E MÁIS GRAZAS! 💙
As festas do verán xa remataron, pero o que sentimos hoxe é un profundo agradecemento.
Ver o campo da festa tan cheo, tanto nas noites como nas sesións vermú, foi un auténtico orgullo para nós. Sentir o pulo da xente, o apoio, a ledicia e as ganas de festa é o que nos dá forza para seguir organizando ano tras ano.
Sabemos que os cambios non sempre son doados, e por iso queremos agradecer de corazón a boa acollida que tivo a nova ubicación da festa. A vosa resposta foi incriblemente positiva!
Queremos dar as grazas tamén a todos os veciños, empresas, comercios e bares polas súas achegas. Sen vós, sería imposible facer unha festa coma esta.
E como non, aos nosos amigos e amigas, que sempre están aí cando as cousas se poñen costa arriba, botando unha man sen pensalo dúas veces. Sodes unha parte fundamental desta comisión.
Por último, o noso recoñecemento e agradecemento ao Concello de Vimianzo e a todos os seus traballadores: electricistas, GRUMIR, servizo de augas, Policía Local… Grazas pola vosa colaboración e dispoñibilidade constante.
Sabemos que, como en todo, hai cousas que se poden mellorar. Sempre hai erros e detalles que escapar, pero tomamos boa nota de todo e traballaremos para seguir mellorando edición tras edición.
Esperamos que gozarades tanto coma nós e… atención, que xa estamos pensando no seguinte! 😉

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies