Noticias e alertas

PATRIMONIO | 🪨🗣 Lembrade que este mes de agosto poderedes gozar das visitas guiadas e teatralizadas ao patrimonio de V...

31/07/2025

PATRIMONIO | 🪨🗣 Lembrade que este mes de agosto poderedes gozar das visitas guiadas e teatralizadas ao patrimonio de Vimianzo!
🏰 No castelo as visitas guiadas serán principalmente de martes a venres en dous pases: ás 11.00 e ás 19.00 horas.
Tamén se ofreceran as findes: os sábados pola tarde, ás 17.00 e ás 19.00 horas, e os domingos só ás 19.00.
As visitas teatralizadas 🎭 ao Castelo terán lugar unicamente os domingos, cun horario de mañá, ás 12.30 horas, e un de tarde ás 17.00.
ℹ Ademais, poderán coñecerse cun guía outras partes do patrimonio vimiancés: os Batáns e Muíños do Mosquetín de martes a venres ás 12.15 e ás 13.15 horas, o Dolmen Pedra Cuberta os mércores ás 16.30 horas, o Castro de Barreiras os xoves ás 16.30 e o Porto de Cereixo os venres ás 16.30 horas.
Animádevos a percorrelos! 🙌
#VimianzoAPé #APéDeTi

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies