SAF | 🖤 A raíz dos feitos acontecidos cunha auxiliar do SAF no Porriño, dende o Concello de Vimianzo queremos amosar o noso fondo pesar polo sucedido e trasladarlle á familia da vítima todo o apoio nestes momentos tan complicados.
🙏 Tamén queremos poñer en valor o impagable traballo que realizan as persoas auxiliares deste servizo en moitos concellos. Nunha sociedade envellecida como a galega, a axuda que brindan a milleiros de persoas e aos seus familiares debe recoñecerse e agradecerse cada día.
🫂 Auxiliares, non estades sós nin soas. Tendes a confianza desas familias, que a depositan en vós cada día, para coidar dos seus seres queridos, pero tamén de toda a sociedade, pois sodes un piar fundamental para que moitas persoas poidan ter unha vellez digna.
Quedádevos coas palabras de afecto e de cariño que ben seguro recibides cada día no voso traballo, ese que non deixaremos de agradecervos xamais. ❤️