CURSO | 🏦 A aula CeMIT de Vimianzo, en colaboración co Banco de España, organiza unha nova edición de "Finanzas para Todos".
👉 O obxectivo é ofrecer á cidadanía coñecementos básicos e ferramentas necesarias para manexar as súas finanzas de forma responsable e informada nunha contorna dixital.
📚 Haberá dous itinerarios formativos de 7,5 horas distribuídos en tres xornadas impartidos todos eles na 📌 Aula CeMIT na Casa da Cultura de Vimianzo, en horario de 🕛 10:00 a 12:30.
📅 O itinerario 1 realizarase os días 6, 13 e 27 de agosto.
📅 O itinerario 2 realizarase os días 9, 16 e 23 de setembro.
✍️ As persoas interesadas poden inscribirse no departamento de Promoción Económica do Concello de Vimianzo chamando ao 📞 981 71 60 01, ext. 1226 ou a través de: https://cemit.xunta.gal/…/formac…/formacion-presencial/49753 e https://cemit.xunta.gal/…/formac…/formacion-presencial/50516.
ℹ️ Máis información: