PLENO | ℹ️ Hoxe tivo lugar o pleno ordinario do mes de xullo no que saíron adiante, por unanimidade, os seguintes puntos:
✅ Modificación da Ordenanza fiscal nº17, reguladora da taxa pola prestación de servizos e utilización de instalacións municipais, deportivas e análogas de titularidade municipal.
✅ Solicitude de financiamento á Deputación da Coruña para a realización de actividades singulares: Asalto ao Castelo de Vimianzo e Vimianzo MOLA.
✅ Bonificación do ICIO para a construción dunha nave industrial no parque empresarial.
✅ Suplemento de crédito para a mellora de pavimentos e para incrementar a partida destinada ao tratamento e recollida de animais abandonados.
✅ Designación dos festivos locais para o 2026: o 22 de xaneiro e o 10 de agosto.
✅ Prórroga do contrato administrativo para a concesión da obra pública do Parque Eólico Singular O Barrigoso.
✅ Aprobación do POS+Adicional 2/2025,que será destinado de maneira íntegra a investimentos.