Noticias e alertas

PATRIMONIO | 🤩 Seguimos dando a coñecer as rutas dos dolmens! Nesta ocasión a 📍 Casota de Freáns, datada de 2500-2000...

22/07/2025

PATRIMONIO | 🤩 Seguimos dando a coñecer as rutas dos dolmens!
Nesta ocasión a 📍 Casota de Freáns, datada de 2500-2000 a.C., na parroquia de Berdoias.
Trátase dunha peza de planta rectangular con 3️⃣ esteos, tapa monolítica e ausencia de corredor. No interior hai gravados de coviñas e cruces.
En épocas posteriores serviulle como 🛖 refuxio aos pastores.
Pero esta non é a única 🥰 fermosura que atoparedes no camiño, xa que tamén pasaredes por 🚶 máxicos sendeiros, corredoiras e contemplaredes ancestrais pontellas.
Ademais, iredes a carón da 🏠 Casa de Alonso II de Lema (1607), que conta cunha inscrición no lintel. Saberías dicir que é o que pon? Déixao nos comentarios ⤵️️

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies