DEPORTES | 🏟 En breves comezarán as obras no campo de fútbol... e queremos cambiar tamén o nome! Para facelo precisamos da vosa colaboración 🙏.
ℹ Como sabedes, estamos traballando na renovación destas instalacións: novo céspede, cantina e moito máis. Por iso, queremos que este espazo tamén teña un nome que nos represente a todos e todas.
Abrimos un proceso de participación veciñal para escollelo. Podedes propoñer ⤵:
✅ O nome dunha persoa que deixara pegada no deporte vimiancés, especialmente no fútbol.
✅ Algo que reflicta a nosa historia, tradición ou identidade.
Recolleremos todas as propostas, que podedes presentar desde mañá, 10 de xullo, ata o día 25, e escolleremos as 10 máis repetidas 🗳. A partir delas, o Concello e as directivas dos clubs decidirán o definitivo.
Para deixar a túa proposta só deberás:
🔹 Estar empadroado ou empadroada en Vimianzo.
🔹 Poñer o teu nome e DNI.
Pódelo facer a través desta ligazón 🔗: https://forms.gle/oxbomshxVnRcC4Rq6