Noticias e alertas

ASALTO 2025 | 🔥 Pechamos unha edición máis do Asalto ao Castelo de Vimianzo na que só podemos dar as GRAZAS a todas as...

07/07/2025

ASALTO 2025 | 🔥 Pechamos unha edición máis do Asalto ao Castelo de Vimianzo na que só podemos dar as GRAZAS a todas as persoas que o fixeron posible.
🙌 A programación do Asalto inclúe moitas e moi variadas actividades para todos os públicos que require dunha organización excepcional: a Legua Irmandiña, os Pinchos Irmandiños, mostras de artesanía, a Cea Medieval, o Asaltiño, todos os concertos...
Por todo isto, queremos mostrar o noso profundo agradecemento:
🙏 Ás asociacións Cherinkas e Axvalso, así como a todas as persoas voluntarias e colaboradoras que fixeron que esta semana fora todo un éxito.
🙏 A todos os traballadores e traballadoras municipais dos departamentos de Contratación, Secretaría, Cultura e, por suposto, Servizos Múltiples.
🙏 A Protección Civil e a Policía Local polo seu labor fundamental nestes días.
🙏 A todos os hostaleiros e hostaleiras, fundamentais na organización dos Pinchos Irmandiños, e a todos os comercios que se animaron a decorar as nosas rúas para retroceder no tempo.
🙏 E, por suposto, infinitas grazas a toda a sociedade vimiancesa por volcarse, un ano máis, con esta festa tan única e tan nosa ❤️‍🔥.
🎥 Compartímosvos un pequeno resumo do que foi este Asalto pensando xa no seguinte. LUME! 🔥🔥

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies