Noticias e alertas

ACTÍVATE | 👴👵 Arredor de 140 persoas participaron, onte, no viaxe de clausura do programa #ActívateMaiores. Gozaron du...

28/06/2025

ACTÍVATE | 👴👵 Arredor de 140 persoas participaron, onte, no viaxe de clausura do programa #ActívateMaiores.
Gozaron dunha xornada en 📍 Santiago de Compostela na que puideron coñecer algúns dos lugares máis emblemáticos da cidade como a praza das Praterías, a catedral, a Quintana, a praza de Abastos, a rúa do Franco, a alameda...
Logo gozaron dun 😋 xantar no Monte do Gozo e, pola tarde, achegáronse ata a Cidade da Cultura, onde puideron 👀 contemplar unha exposición sobre Castelao.
Xa de volta, na praza do Concello tivo lugar a 🎖️ entrega de diplomas e unha pequena festa de fin de curso.
🙏 Desde o Concello de Vimianzo queremos mostrar todo o noso agradecemento ás persoas participantes e, por suposto, o gran labor realizado polos monitores Sergio, Antía e Mariví.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies