Noticias e alertas

DEPORTES | 👏 Desde o Concello de Vimianzo queremos felicitar aos nosos arqueiros Sub15, Yago Rellán e Nico Miñones, que...

10/06/2025

DEPORTES | 👏 Desde o Concello de Vimianzo queremos felicitar aos nosos arqueiros Sub15, Yago Rellán e Nico Miñones, que veñen de participar no proceso clasificatorio organizado pola Federación Galega de Tiro con Arco para formar parte do conxunto galego no Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
🎯 Yago foi un dos seleccionados para participar e Nico está de primeiro reserva masculino.
🎖️ Ambos os dous están a desenvolver unha tempada brillante, acadando resultados de altísimo nivel.
🙌 Moitos parabéns, estamos con vós!
CLASIFICATORIO CESA |
Este pasado domingo os nosos arqueiros Sub15, Yago Rellán e Nico Miñones, foron convocados pola Federación Galega de Tiro con Arco para participar no proceso selectivo para representar a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrará os días 21 e 22 de xuño en Madrid.
Para a selección de arqueiros e arqueiras non só se tivo en conta as puntuacións do selectivo do pasado domingo, senón tamén as puntuacións acadadas nas catro xornadas da Liga Galega de aire libre que se levan disputadas ata agora.
Durante a xornada do domingo un total de 9 arqueiros e arqueiras de todas Galicia pasaron unha bonita xornada, compartindo unha das cousas que máis lles gusta que é tirar frechas. A pesares de que sabían que varios tiñan que quedar fóra, o bo ambiente de compañeirismo foi a nota predominante da xornada.
Finalmente despois de toda a xornada de adestramento, os arqueiros e arqueiras que representarán a Galicia no Campionato de España son os seguintes:
🏹Alberto Sobrado, do Club Boa Vila
🏹Beltán Doval, do club Lumelar
🏹Yago Rellán, do club Dousxsetenta tiro con arco
🏹Iria Zaragoza, do Club ARCO NARÓN
🏹Emma García, do club arcobarco
🏹Martina Villarroel, do Club Boa VilaClub Boa Vila
Nico, que tamén fixo un brillante clasificatorio, está de primeiro reserva masculino.
Por parte do club Dousxsetenta solo nos queda darlle a noraboa 👏👏👏 a todos os seleccionados e, por suposto, a Yago e Nico que están facendo unha temporada para enmarcar. Lembramos que os dous participaron xa no Campionato de España de sala, onde Yago xa tivo a oportunidade de representar a Galicia na competición por equipos acadando a medalla de bronce. Pola súa parte Nico acadou a medalla de bronce no Campionato Galego de sala e tamén no de aire libre.
E non rematan aquí as boas novas, xa que ese mesmo fin de semana os dous arqueiros van a ter a oportunidade de participar no III Gran Premio Promesas Iberdrola que se celebra no mesmo recinto onde se disputará o Campionato de España de seleccións autonómicas.
Ademais, no mes de xuño os dous volverán a Madrid para representar ao noso club e ao Concello de Vimianzo no Campionato de España de aire libre.

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies