ALZA VOZ DE MULLER | 🙌 Chegou o final do I Foro Alza Voz de Muller con moita emoción e deixando en nós moitas aprendizaxes.
O liderado feminino no rural existe, 💪 ten forza e merece espazos coma este. E así se demostrou ao longo destes dous días.
🗣️ Fostes moitas as que nos pedistes unha segunda edición deste #Foro, e con moito orgullo podemos anunciar que o 🗓️ 8 e 9 de maio de 2026 terá lugar II Foro de Liderado da Costa da Morte Alza Voz de Muller. Gardade a data.
Desde o Concello de Vimianzo non podemos deixar pasar a oportunidade de agradecer a todas as persoas que estiveron detrás deste evento e que o fixeron posible:
🙏 Grazas á Deputación da Coruña, por crer neste proxecto dende o primeiro momento, e por facelo posible a través do programa PEL Emprende. Grazas tamén á Deputada Provincial, Rosa Ana, pola súa implicación e apoio constante.
🙏 Grazas á Delegación del Gobierno en Galicia e a María Rivas López Subdelegada del Gobierno en A Coruña, pola súa presenza e compromiso coa igualdade real.
🙏 Grazas á ministra do Ministerio de Igualdad, que, aínda que non puido estar con nós fisicamente, quixo estar presente a través dunha mensaxe en vídeo.
🙏 Grazas tamén a todo o equipo técnico e humano do concello, polo traballo constante e pola dedicación. Grazas á concelleira de Igualdade, María José Pose, polo seu empeño e esforzo nesta iniciativa.
🙏 Grazas ás sete mulleres que o fixeron posible. Ás que están detrás de moitas reunións, ideas, correccións e, por suposto, ilusións. Rosana, Mari, Rosa, Nieves, Antía, Mariví e Patricia: GRAZAS.
🙏 Grazas a todas as relatoras que compartistes con nós as vosas experiencias.
🙏 Grazas a todas as moderadoras e coordinadoras deste evento, que fixeron posible que as sesións se desenvolvesen con fluidez, coidado e respecto.
🙏 Grazas ás persoas encargadas do son e imaxe do auditorio polo seu labor impecable.
🙏 Grazas a todos os negocios locais de Vimianzo, que nos permitiron gozar dos seus produtos e que demostraron que o talento e a excelencia gastronómica tamén viven no rural.
🙏 Grazas tamén ás voces que nos emocionaron; Irma Macías e Luís Pinto, Tania Caamaño e Rocío Caamaño. E, por suposto, tamén a Teté Teatro por agasallarnos, unha vez máis, co seu humor.
🙏 Grazas ás artesás que nos acompañaron coa súa creatividade e talento na sala Antón Mouzo.
Moitas grazas a todas e a todos por crer no rural, por crer en Vimianzo 💜.