Noticias e alertas

ALZA VOZ DE MULLER | 🙌 Esta tarde inauguramos o I Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte Alza Voz de Mull...

06/06/2025

ALZA VOZ DE MULLER | 🙌 Esta tarde inauguramos o I Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte Alza Voz de Muller, posto en marcha coa colaboración da Deputación da Coruña.
👥 A alcaldesa, Mónica Rodríguez; a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; as deputadas provinciais Rosa Ana García e Avia Veira; e a directora xeral da Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, María Quintiana Pérez, foron as encargadas de abrir esta primeira xornada.
A tarde continuará con dúas 🗣️ mesas diálogo: unha sobre o liderado feminino emprendedor con Carmen Lence, presidenta do Grupo Lence; María Couto, CEO de XEAL; e Carlota Corzo, cofundadora e previa CEO de Lazzaro; e outra sobre emprender desde o rural, con Rosa Arcos, secretaria xeral e directora de proxectos Fademur; Paula Pose, xerente de Agrosoneira; Mar Barreiro, xerente de Reneymar; e Inés Silva, fundadora de ISlow Coliving.
ℹ️ Toda a info: https://www.vimianzo.gal/novas.php?id=1941&idioma=gl&sec=203

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies