DEPORTES | 🏹 Esta fin de semana nove deportistas do club Dousxsetenta tiro con arco participaron no Campionato Galego de Tiro con Arco ao Aire Libre.
🏆 O alto nivel do equipo veuse reflectido nos bos resultados acadados!
👏 Parabéns Antía Rey, Eric Lavandeira, Antón García, Nico Soto, Yago Rellán, Paula Vázquez, José Vázquez, Manuel Soto e Dorita Lavandeira polos vosos logros!
CAMPIONATO GALEGO AIRE LIBRE |
A pasada fin de semana celebrouse en Narón o Campionato Galego de Aire Libre. O club Dousxsetenta de Concello de Vimianzo desprazou ata alí a 9 arqueiros/as que competiron en categoría benxamín, alevín, Sub15, Sub21, Sénior e +50.
O sábado toucoulle o turno a Antía Rey e Eric Lavandeira (benxamíns), Antón García (alevín) e Nico Soto e Yago Rellán (Sub15); mentres que o domingo competiron Paula Vázquez (Sub21), Jose Vázquez e Manuel Soto (Sénior) e Dorita Lanvadeira (+50).
Non podemos estar máis satisfeitos cos resultados:
🥇Antía Rey proclamouse Campioa Galega en categoría benxamín.
🥉Nico Soto foi bronce en categoría Sub15 ao gañarlle a final de consolación ao seu compañeiro de equipo Yago Rellán que acadou a cuarta posición na competición.
🥈Paula Vázquez proclamouse Subcampioa Galega en categoría Sub21 unificada.
🥈Jose Vázquez proclamouse Subcampión Galego Sénior.
🏹 Eric Lavandeira acadou o cuarto posto en categoría benxamín.
🏹 Antón García acabou en quinta posición na categoría alevín.
🏹 Dorita Lavandeira quedou segunda na categoría+50.
🏹 Manuel Soto clasificou no posto 17 na categoría Sénior.
👏👏Noraboa a todos os participantes e agradecemento especial ao club organizador pola magnífica atención recibida.