Noticias e alertas

MELLORAS | 📢 Hoxe, 23 de maio, a partir das 13:30 horas, reabrimos ao tráfico...

23/05/2025

MELLORAS | 📢 Hoxe, 23 de maio, a partir das 13:30 horas, reabrimos ao tráfico a rúa Castelao e Vázquez Mouzo tras concluír a primeira fase das obras de humanización e mellora urbana.



Unha intervención moi importante que logrou transformar a zona nun espazo máis accesible e pensado para as persoas, favorecendo a mobilidade peonil e mellorando a convivencia co tráfico rodado 🚶🚗.



Desde o Concello de Vimianzo queremos 🙏 agradecer a paciencia de toda a veciñanza e, moi especialmente, de todas as persoas que rexentan establecementos comercias e hostaleiros nestas vías.



Solicitamos, unha vez máis, a vosa colaboración para coidar e respectar estes novos espazos 🌳.



A segunda fase desta actuación será aprobada no pleno municipal do mes de maio, que terá lugar o 🗓 vindeiro mércores, día 28.



🎉 Agora é momento de desfrutar o resultado, que agardamos que sexa do voso agrado!































Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies