16/05/2025
LETRAS GALEGAS 2025 | ✍️ A nosa veciña Patricia Blanco escribiu o libro «As voces da terra» achegándose á vida de todas as mulleres que son a raíz da terra que hoxe pisamos.
📖 Unha obra que homenaxea ás cantareiras, prestando especial atención ás sete mulleres ás que se lle dedica este #DíaDasLetrasGalegas2025: Eva, Adolfina, Rosa, Prudencia, Asunción, Teresa e Manuela.
Mañá, 17 de maio, o xornal 🗞 La Voz de Galicia entregará un exemplar aos seus lectores. Para o Concello de Vimianzo é todo un orgullo este máis que merecido recoñecemento.
Podes coñecer mellor a súa historia nesta entrevista 👇
A autora do libro que entregará La Voz de Galicia o 17 de maio apunta que estas son «as Letras da grandeza humilde». «Homenaxéase a sete mulleres da Costa da Morte, iso non é casual, gustaríame que o ano que vén todos soubésemos os seus nomes», subliña
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies