29/11/2024
XUNTANZA I 👥 Onte tivo lugar unha xuntanza organizada polo Concello de Vimianzo na que participaron todos os axentes implicados no Servizo de Atención Temperá da Costa da Morte.
👦👧 Este recurso pretende facilitar o desenvolvemento da autonomía persoal e a inclusión social da poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos.
➡️ Na reunión participaron institucións do ámbito sanitario e educativo, así como a empresa adxudicataria e o equipo completo do servizo. Tamén participaron a alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social, María José Pose.
🤝 Desde o Concello queremos agradecer a participación de todos os axentes que asistiron e a súa implicación no desenvolvemento deste servizo tan importante na nosa comarca.
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies