Medio Ambiente promoverá ‘Separar con xeito’ residuos plásticos, de envases lixieros e de papel en 350 feiras e eventos gastroculturais

30/01/2018

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

A Consellería de Medio Ambiente, en colaboración con Ecoembes, poñen en marcha esta iniciativa, para a que se ten habilitado unha páxina web na que se recolle a información dos distintos eventos, así como consellos para reciclar

O obxectivo desta iniciativa entorno á economía circular é concienciar sobre a importancia de reciclar os envases que se depositan no colector amarelo e no azul para o coidado do medio ambiente

Esta campaña iniciará súa andadura na feira Xantar sobre o turismo sostible galego

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, en colaboración con Ecoembes, levará a campaña Separar con xeito a 350 feiras e eventos gastroculturais, co fin de fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de plásticos, envases lixeiros, papel e cartón. O punto de partida desta iniciativa será a Feira Xantar sobre turismo sostible galego.

Con esta acción buscase promover a economía circular a través da reciclaxe de envases e concienciar aos asistentes a este tipo de eventos sobre a importancia da reciclaxe dos envases que se depositan no colector amarelo (envases de plástico, latas e briks) e o contedor azul (envases de papel e cartón) para o coidado do medio ambiente.

Ademais de instalarse puntos de reciclaxe para facilitar a correcta separación de residuos que se poidan xerar, realizaranse actividades formativas para que os asistentes coñezan o xeito máis axeitado para facer unha correcta separación dos residuos.

Tamén se ten habilitado unha páxina web www.separarconxeito.com na que se pode consultar o calendario no que se recollen todos os eventos nos que terán lugar esta acción e a súa ubicación, así como consellos para reciclar.

En 2016, recicláronse máis de 1,3 millóns de toneladas de envases lixeiros e envases de cartón e papel en todo o territorio nacional, acadando unha taxa de reciclado de 76%. Gracias a esta porcentaxe, obtivéronse numerosos beneficios ambientais, como evitar a emisión dun millón de CO2 á atmosfera ou aforrar sete millóns de MWh, é dicir, o equivalente ao consumo eléctrico anual de máis de 700.000 fogares españois ou a aforrar 20,1 millóns de m3 de auga.

Xunta de Galicia

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies