A Xunta entrega á Deputación de Ourense 480 novos colectores de envases lixeiros e papel/cartón para incrementar as taxas de reciclaxe

08/01/2018

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

Esta actuación enmárcase no acordo entre a Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes para fomentar a reciclaxe e ampliar a rede de puntos de recollida selectiva de envases

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, destacou que en base a esta colaboración a provincia de Ourense recibiu un total de 686 novos colectores que supuxeron un investimento de case 170.000 euros 

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá na entrega á Deputación provincial de 480 novos colectores para incrementar nos concellos da provincia ourensá as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e de papel/cartón (450 de envases lixeiros e 30 de papel/cartón). A Deputación ourensá encargarase de distribuír estes colectores polos concellos da provincia que así llo solicitaran.

Trátase dunha actuación que se inscribe no convenio marco entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, organización medioambiental sen ánimo de lucro, para ampliar a rede de puntos de recollida selectiva de envases de plástico, latas e briks (colector amarelo) e de envases de papel e cartón (colector azul) na Comunidade galega e cuxa vixencia se prolongará ata o vindeiro ano 2021.

Con esta acción ponse de manifesto o importante compromiso, tanto por parte da Administración galega como por Ecoembes, por fomentar a reciclaxe e concienciar aos cidadáns sobre a importancia que ten para o medio ambiente separar os envases e depositalos no colector adecuado.

O acto contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e do representante de Ecoembes en Galicia. Bruno Llano.

Díaz Mouteira lembrou que en base a esta colaboración entre Medio Ambiente e Ecoembes as entidades de Ourense beneficiarias deste reparto -que ademais da institución provincial son os concellos de Allariz, Barbadás, Barco de Valdeorras, Piñor e Ourense capital así como a Mancomunidade do Ribeiro- reciben un total de 686 contenedores, dos que a gran maioría se destinarán, segundo as solicitudes recibidas, á recollida de envases lixeiros (602) e os outros (84) para papel e cartón. A máxima representante do Goberno galego na provincia ourensá informou que a iniciativa supón un investimento de case 170.000 euros.

Acadar unha boa xestión dos residuos é unha prioridade para a Xunta de Galicia, que aposta por diferentes iniciativas para fomentar a reciclaxe en función do tipo de residuos. 

Xunta de Galicia

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies