A Xunta xa está acreditada pola UE como coordinadora en Galicia do pacto dos alcaldes polo clima e a enerxía para afrontar os retos do cambio climático

09/12/2017

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

Con este recoñecemento avánzase un paso máis na implicación da Xunta na posta en marcha da oficina para a promoción e coordinación da participación dos concellos nesta iniciativa, co fin de que a finais de 2020 os 313 municipios de Galicia estean adheridos a este Pacto.

Un dos obxectivos do papel do coordinador é apoiar aos concellos cos coñecementos do marco regulador, lexislativo e económico, relacionados coa loita contra o cambio climático.

O cambio climático é xa un dano real e palpable que na actualidade se nota en episodios de seca, como o que se vive na actualidade, e no aumento das temperaturas.

A Xunta de Galicia vén de acadar a acreditación que outorga a Unión Europea como coordinadora en Galicia do Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía. Este pacto é unha iniciativa que agrupa a autoridades locais e rexionais co compromiso voluntario de aplicar nos seus territorios os obxectivos climáticos e enerxéticos da Unión Europea.

Un dos principais retos é promover o acceso das entidades locais para afrontar os retos globais do cambio climático desde as entidades locais, para desenvolver un traballo conxunto e coordinado co fin de concienciar aos galegos na necesidade de mitigar ou evitar os efectos do cambio climático.

O cambio climático é xa un dano real e palpable que se nota a través da seca e o aumento das temperaturas, polo que é necesario facerlle fronte a través da colaboración e o traballo conxunto.

Nese sentido, a Xunta impulsa a Oficina Técnica para a promoción e coordinación do Pacto dos alcaldes polo clima e a enerxía en Galicia, coa misión de promover o acceso das entidades ao convenio, proporcionando asistencia técnica para as tarefas que teñan que elaborar as entidades adheridas. Desde a Xunta valórase o potencial do ámbito local para combater o cambio climático; e aposta por repensar o xeito de producir e consumir, así como por ser flexibles para que os proxectos futuros se adapten á nova realidade.

Deste xeito, axudarase aos concellos no coñecemento do marco regulador, lexislativo e económico e ofreceránselle consellos personalizados para cada caso, co fin de que a finais 2020 os 313 concellos de Galicia estean adheridos ao pacto.


Xunta de Galicia

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies