13/10/2017
Línea Verde
info@lineaverdemunicipal.com
Este documento, elaborado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, entrará en vigor aos 20 días e permitirá a posta en marcha desta rede co obxectivo de harmonizar a conservación da diversidade biolóxica e cultural
A creación desta nova figura reforzará a posta en valor das reservas da biosfera como elementos que contribúen ao desenvolvemento sustentable e á mellora do benestar da poboación
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se crea a Rede de Reservas da Biosfera de Galicia, que entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no DOG.
Este documento elaborado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio garantirá a cooperación entre reservas e permitirá a súa interacción e a súa actuación como unha auténtica rede de aprendizaxe do desenvolvemento sustentable; ao tempo que reforzará a posta en valor das reservas da biosfera como elementos que contribúen ao desenvolvemento sustentable e á mellora do benestar da poboación.
As reservas da biosfera son territorios cuxo obxectivo é harmonizar a conservación da diversidade biolóxica e cultural e o desenvolvemento económico e social a través da relación das persoas coa natureza.
Na actualidade en Galicia existen seis espazos declarados, pola Unesco, como reservas da biosfera, que son: Terras do Miño, Área de Allariz, Os Ancares Lucenses en Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, Río Eo, Oscos e Terras de Burón, Transfronteiriza Gêres-Xurés, Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. En total, estas zonas suman 77.834,3 ha.
Así, os obxectivos que se perseguen son a creación de novos vínculos entre as Reservas da Biosfera declaradas en Galicia e o reforzamento dos xa existentes, propiciando a colaboración entre todas as reservas integrantes da Rede e fomentando a súa colaboración na realización de proxectos comúns.
Deste xeito, tamén se cumpre cos contidos do Marco Estatutario da Rede Mundial de Reservas da Biosfera, no que se regula a participación en rede ao considerar que se debe propiciar a constitución e cooperación de subredes rexionais.
Nese sentido, preténdese reforzar e por en valor as Reservas da Biosfera de Galicia, como elementos que contribúen ao desenvolvemento sustentable e á mellora do benestar da poboación, así como promover o coñecemento e difusión dos valores das Reservas da Biosfera de Galicia. Ao mesmo tempo, o funcionamento en Rede das Reservas da Biosfera de Galicia permitirá establecer sinerxías e colaborar con outras Redes territoriais ou temáticas do Programa Home e Biosfera.
Xunta de Galicia
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies