A Xunta traballa para que a nova Lei de benestar animal entre no Parlamento de Galicia no primeiro período de sesións

16/11/2016

Línea Verde

info@lineaverdemunicipal.com

A directora xeral de Conservación da Natureza trasladou esta mañá esta previsión ao representante da Asociación animalista Libera, ao que lle reiterou o obxectivo de loitar contra o abandono e maltrato animal 

A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz López, trasladoulle esta mañá ao representante da Asociación animalista Libera, Rubén Pérez, que o Goberno galego está a traballar coa previsión de que a nova Lei de Benestar Animal entre no Parlamento de Galicia no primeiro período de sesións; xa que as alegacións presentadas xa están respondidas na súa totalidade.

Recordou que o texto do anteproxecto de Lei de Protección de Benestar dos Animais de Compañía de Galicia foi aprobado polo no mes de marzo polo Consello da Xunta, co obxectivo de loitar contra o maltrato e abandono animal, así como avanzar cara ao sacrificio cero.

No encontro tamén lle indicou que unha das principais modificacións na estruturación do texto baséanse nunha división mais sinxela e nítida das distintas materias a regular, definindo claramente o concepto de animal de compañía , que comprende tanto aos animais domésticos como a aqueles animais silvestres mantidos en catividade con fins distintos aos produtivos, sexan ou non potencialmente perigosos en ambos casos.

Asemade, recordou que a Xunta traballa –paralelamente- nunha nova aplicación informática para a xestión do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac), que permite unha maior seguridade e protección, é dicir, un maior benestar; ao tempo que representa unha mellora en todo tipo de trámites para os seus donos.

Trátase dunha nova aplicación que busca mellorar en prestacións e eficiencia á que se viña utilizando ata agora, que contaba con máis de dez anos de antigüidade; e axuda a avanzar no camiño da protección, xa que recordou que a identificación é obrigatoria por lei antes dos tres meses, permite loitar contra o abandono dos animais, facilita a súa recuperación cando se extravían ou son roubados, axuda a garantir un control sanitario da poboación canina, e, en definitiva, contribúe de forma moi importante á protección e benestar dos animais.

Xunta de Gaalaicia

Novas

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies