08/08/2020
📣 O Concello de Vimianzo viviría, estes días, a semana grande das festas de verán.
Porén, a crise sanitaria da #COVID19 impídenos, este ano, celebrar como noutras ocasións.
Hoxe, día 8, festexamos a Virxe do Carme e mañá, domingo 9 de agosto, será San Roque. En nome da corporación do #Concello desexámosvos unhas felices festas.
Como hoxe, mañá haberá pasacalles antes da misa por todo o val.
Estes días levaranse a cabo pequenas #actividades cun aforo controlado e atendendo a un estrito protocolo de prevención. É importante que todos e todas colaboremos para non dar nin un só paso atrás.
Pregámosvos que extremedes as precaucións e que cumprades, en todo momento, coas indacións dos organismos sanitarios:
👉🏼 Uso da máscara, distancia social e lavado frecuente de mans.
Desde o #Concello mandámosvos todo o ánimo do mundo. Estamos seguros de que o vindeiro ano poderemos volver gozar das nosas festas como merecemos!
#ConcelloVimianzo #ConcelloDeVimianzo
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies