Noticias e alertas

PARTICIPACIÓN NA EXPOSICIÓN SOBRE A TRANSLATIO DE CEREIXO. PRAZO DO COMUNICACIÓN: ata o...

13/09/2019

PARTICIPACIÓN NA EXPOSICIÓN SOBRE A TRANSLATIO DE CEREIXO.
PRAZO DO COMUNICACIÓN: ata o 11/10/2019

Na Igrexa de #Cereixo, no seu pórtico lateral, consérvase unha iconografía de referencia no mundo xacobeo, a Translatio do Apóstolo Santiago. É a imaxe máis antiga que se coñece en pedra sobre esta temática.
Dada a importancia do elemento desexamos que a xente de #Vimianzo a coñeza a fondo e unha das actividades que imos desenvolver vai ser unha exposición titulada A Translatio, inspiradora de artistas locais. Desexamos que participen nela todas as persoas interesadas nas artes e que creen unha obra que recolla a súa visión deste pórtico e da imaxe que transmite. Pode ser pintura, cerámica, madeira, debuxos, encaixe, telas, ...., o que dicte a creatividade de cadaquen.
Para comunicar a súa participación deberá dirixirse ao Departamento de Promoción Económica do Concello de Vimianzo o antes posible. As obras que se creen exhibiranse na Casa da Cultura entre o 23 de outubro e o 6 de novembro de 2019.
MOITO ÁNIMO E A CREAR!!!!

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies