Noticias e alertas

MELLORAS | O Concello de Vimianzo proxecta unha reforma integral 🚧 nunha das instalacións con máis demanda de todas as de compet...

06/03/2021

MELLORAS | O Concello de Vimianzo proxecta unha reforma integral 🚧 nunha das instalacións con máis demanda de todas as de competencia ⚽️🎾 municipal: o #ximnasio. O proxecto contará cun orzamento de case 💶 173.000 euros.



🗣 A idea é poder contar cunha infraestrutura completamente renovada e “adaptada ao novo contexto”, sinala o concelleiro de Deportes, Mario Andújar.



No novo deseño do espazo están previstas cinco zonas claramente definidas: unha zona ♥️ de 'cardio', con vistas ao exterior por medio dunha gran zona 👀 acristalada; un corredor de arrastre, en 🪴 herba artificial; a zona de musculación; unha zona de peso morto e unha zona destinada a estiramentos, ámbalas dúas rematadas con losetas de caucho.



Redimensionaranse 💡 os espazos de luz para dotar de maior iluminación a todo o primeiro andar, e adaptarase a instalación de fontanería e saneamento para dar servizo ao novo aseo adaptado.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies