Noticias e alertas

COBERTURA INTERNET 💻 | O Concello de Vimianzo dá un paso fundamental para o despregamento de #FibraÓptica no rural tras reunirse...

04/12/2020

COBERTURA INTERNET 💻 | O Concello de Vimianzo dá un paso fundamental para o despregamento de #FibraÓptica no rural tras reunirse coa compañía Rede Aberta, proveedora do servizo.



➡ Na xuntaza participaron a alcadesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Benestar Social, María José Pose; a técnica municipal Lorena Cernadas; Pere Antentas, director xeral da empresa, e Ana Rodríguez, do departamento económico.



📝 A empresa presentará nun prazo de 15 días un plan de despregamento do servizo adaptado ás necesidades de Vimianzo. As 👷 obras comezarán en marzo e no mes de abril estaría dispoñible a rede de, nun principio, 600 megas simétricos. Será, ademais, unha rede neutra, aberta a todos os operadores.



🤝 Tanto o Concello como Rede Aberta valoraron a reunión como "tremendamente positiva". "Supón un avance fundamental para chegar a unha solución a este problema, que é unha demanda de gran parte da veciñanza", aseguraron dende o goberno local.



#ConcellodeVimianzo #ConcelleríadeBenestarSocial



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies