Noticias e alertas

DOG | A Xunta fai saber, nunha nova ✍️ orde do Diario Oficial de Galicia, as novas medidas adaptadas ao contexto sanitario vixen...

03/12/2020

DOG | A Xunta fai saber, nunha nova ✍️ orde do Diario Oficial de Galicia, as novas medidas adaptadas ao contexto sanitario vixente, e que polo tanto todas e todos debemos cumprir. Entre estas, destacamos:



🔸 Os locais de hostalaría poden abrir ata as ⏰ 17:00 horas, cunha limitación do aforo ao 30% no interior e ao 50% no exterior. Queda excluída, en todo caso, a barra.



🔸 As xuntanzas poderán ser de, como máximo, ⚠️ CATRO PERSOAS ⚠️, sexan ou non conviventes.



🔸 O noso concello seguirá baixo a aplicación de peche perimetral único. Só se poderá entrar e saír baixo causa debidamente xustificada.



🔸 A limitación de mobilidade coñecida como toque de queda continúa vixente, de 🕰 23:00 a 6:00 horas, salvo causa xustificada.



En todo caso, instamos ao cumprimento das recomendacións sanitarias: lavado 🧼 🙌 de mans, mantemento da distancia ⬅️➡️ interpersoal e uso da 😷 mascara sanitaria son as mellores medidas para gañar 👏 esta loita.



Podes consultar a orde completa, aquí: https://bit.ly/3mEbLvl



#ConcelloDeVimianzo



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies