Noticias e alertas

ESCOLA INFANTIL | O Concello de Vimianzo informa do resultado positivo por COVID-19 dunha das traballadoras da Escola Infantil d...

22/10/2020

ESCOLA INFANTIL | O Concello de Vimianzo informa do resultado positivo por COVID-19 dunha das traballadoras da Escola Infantil de Vimianzo, polo que se activaron todos os protocolos sanitarios pertinentes.



📞 Nestes momentos, a dirección do centro está en constante contacto coa Consellería de Sanidade, que é o organismo #competente nesta materia, e co que se acordará a liña de actuación.



Nun primeiro momento, todas as crianzas que estiveran en contacto con esta persoa terán que permanecer en aillamento domiciliario durante 10 días, de xeito preventivo, así como tamén se realizarán unha proba diagnóstica #PCR.



🚌 A aula de 2 a 3 anos, así como o servizo de transporte, seguirán funcionando con total normalidade. As nenas e nenos das aulas afectadas ℹ️ que non acudiran á Escola Infantil estes díasℹ️, e que polo tanto, é imposible que estiveran en contacto con esta persoa, poderán acudir ao centro con total normalidade.



👉 Con todo, comunicóuselle a Sanidade os datos das nenas e nenos das aulas coas que estivo en contacto esta traballadora, que son as de bebés, e dúas de 1 a 2 anos. Procederase á desinfección integral deste espazo, para garantir a seguridade das persoas usuarias do mesmo.



🗣 A alcaldesa, Mónica Rodríguez, amosa o ‘total compromiso do Concello para atallar a problemática desde o minuto cero, coordinando en todo momento as accións a levar a cabo coa dirección do centro. Quero transmitir total tranquilidade, e que a veciñanza lembre contactar co Concello para todo o que precise nestes momentos’.



#ConcelloDeVimianzo



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies