30/03/2020
ÁNIMO! | A ansiedade é unha resposta humana ante situacións ameazantes na que se activa o noso sistema nervioso autónomo e que nos prepara para acción, aumentando a segregación de #adrenalina e noradrenalina.
👁 A dilatación pupilar, o aumento da presión sanguínea ou o incremento da tasa respiratoria (hiperventilación) son algúns dos signos #fisiolóxicos máis visibles da #ansiedade, e o nerviosismo, a sensación de perda de control ou a excesiva preocupación, algunhas das consecuencias a nivel psicolóxico.
🛎 É perfectamente normal experiementar certo nivel de ansiedade durante estes días de incertidume e confinamento, pero isto non significa que non poidamos facer nada para controlala.
Afortunadamente existen multitude de recursos ao alcance da nosa man para rebaixar a ansiedade, e hoxe queremos que coñezades un dos máis eficaces. Trátase da respiración abdominal ou diafragmática.
💆♀️💆♂️ Practicar esta técnica durante 5 ou 10 minutos ó día axudaranos a manter a mente serena e despexada.
Seguimos fortes! 💪
Vídeo donde se explica la técnica de la respiración diafragmática, muy utilizada en terapia para ayudar a controlar los estados ansiosos de la mente y el cue...
Cerrar [X]Uso de cookies
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies