Noticias e alertas

ORZAMENTOS 2024 | O Concello de Vimianzo vén de aprobar hoxe en #Pleno os orzamentos para o vindeiro exercicio económico. 🙋🏻‍♀...

29/11/2023

ORZAMENTOS 2024 | O Concello de Vimianzo vén de aprobar hoxe en #Pleno os orzamentos para o vindeiro exercicio económico.



🙋🏻‍♀️ 10 votos a favor do grupo de goberno

👉🏼 1 abstención do Partido Popular de Vimianzo

👎🏻 2 votos en contra do BNG de Vimianzo



🤝 No ámbito dos servizos públicos básicos recóllese unha partida de 3,6 millóns de euros. Destácanse a 👀 asistencia social primaria e o fomento do emprego.



Nas actuacións de 👏🏻 protección e promoción social, serán 1,8 millóns os destinados a tal finalidade. O funcionamento dos centros de ensino públicos, bibliotecas, equipamentos culturais e museos, protección e xestión do patrimonio histórico-artístico, festas populares e promoción e fomento do deporte son os eidos máis destacados.



💜 Crearase unha partida exclusiva para #muller e #igualdade por primeira vez na historia do Concello de Vimianzo.



ℹ️ https://www.vimianzo.gal/novas.php?id=1693&idioma=gl&sec=203



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies