Noticias e alertas

ANDAINA SOLIDARIA | Desde DomusVi #Vimianzo (Xeriátrico) convídannos a participar nunha acción...

14/09/2019

ANDAINA SOLIDARIA | Desde DomusVi #Vimianzo (Xeriátrico) convídannos a participar nunha acción solidaria chamada "Km para recordar" que se desenvolverá o venres 20 de setembro con motivo do Día internacional do Alzheimer. Consistirá nunha andaina polo paseo fluvial de Vimianzo con saída da Praza do Concello ás 16:00 horas.

Co obxectivo de sumar entre todas e todos, por cada Km que se percorra, Domusvi fará un donativo en € que serán invertidos na investigación sobre o Alzheimer. Para iso é IMPRESCINDIBLE anotarse antes do vindeiro luns, 16.

Podes poñerte en contacto con DomusVi Vimianzo (departamento de animación) ou descargando a App Kilometros para recordar y google fit (para android) o Apple Health (para iPhone) e unirte ao grupo Vimianzo desde o teu Smartphone.

https://www.kilometrospararecordar.com/?fbclid=IwAR0MnXr-hwIP-bgUYsApZMHf2AEu5xkriquhtvxKk7aGxaNCmfX9sGDgATw

#DomusVi
#Andaina
#Solidaridade
#DíaInternacionaldoAlzheimer

Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies