Noticias e alertas

RECOLLIDA DE ALIMENTOS | 🤲 O Concello de Vimianzo, xunto a Caritas e Cruz Vermella, substitúe a tradicional Gala Solidaria por u...

01/12/2021

RECOLLIDA DE ALIMENTOS | 🤲 O Concello de Vimianzo, xunto a Caritas e Cruz Vermella, substitúe a tradicional Gala Solidaria por unha recollida de alimentos ante a situación sanitaria derivada do covid-19.



👥 A alcaldesa, Mónica Rodríguez, reuníuse con María del Carmen Vázquez, directora adxunta de Cáritas Vimianzo e Rebeca Veiga, presidenta de Cruz Vermella Vimianzo, para ultimar os detalles da iniciativa.



🛍 As persoas interesadas en colaborar poderán depositar as súas doazóns, preferentemente alimentos non perecedeiros ou produtos de limpeza e hixiene, nas 'caixas solidarias' presentes en comercios e centros sociais e educativos.



💳 Tamén se poderá colaborar economicamente a través da conta bancaria ES51 2080 0082 4130 0007 3452.



☎ Para máis información, pódese chamar a Cáritas no 686 05 05 85; a Cruz Vermella no 981 71 71 36 ou ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Vimianzo no 981 707 426.



Máis información

Cerrar [X]Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recopilar datos estadísticos sobre hábitos de navegación. El uso de cookies es necesario para la notificación de incidencias. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de cookies